Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño Sonoro | Código | 616G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual. Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia. Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa. (Virtual) |
Traballos tutelados | Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A) Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final) (Presencial e traballo autónomo do alumnado) |
Investigación (Proxecto de investigación) | Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora. Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) . (Presencial e traballo autónomo do alumnado) |
Presentación oral | Presentación do deseño sonoro dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final). Na presentación explicarase o emprego do son -ou a ausencia deste- ademáis de responder a preguntas respecto ás decisións tomadas no plano narrativo, funcional e estético. Complementariamente os estudantes desenvolverán una rúbrica de avaliación do seu proxecto así como do desenvolvido por outros grupos. (Presencial e traballo autónomo do alumnado. Esta actividade podería virtualizarse por necesidades do alumnado ou de limitacións de espazo). |
Obradoiro | Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora. (Presencial, con posibilidade de virtualizar un dos grupos de ser preciso por necesidades do alumnado, ou por limitacións de espazos e recursos) |