Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Pedagoxía da actividade física e do deporte | Código | 620G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 | As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. | 50 |
Proba de ensaio | A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 | - Realizaranse dúas probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final. - Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua. |
50 |
Observacións avaliación | |||
*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía. ** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. * Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).
1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA) Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a procura e análise dunha experiencia de intervención/investigación baseada no fomento de estilos de vida activos e a elaboración individual da unidade didáctica. Obtendo entre este tres últimas, polo menos 2,5 puntos e a superación das probas de ensaio programadas.
a. Portafolio * Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación formativa (continua). * A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar os portafolios a un grupo de alumnos/as. * Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema). A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). Tras a proba final cada estudante entregará o seu portafolio.
b. Actividades evaluativas. (Valor total 3 puntos) ** Realizadas no horario de clase programado (poderá utilizarse a clase da tutoría grupal) ou en horarios non presenciais. ** Poderán ser corrixidas no horario da tutoría grupal, polo que a asistencia a estas tutorías será obrigatoria e formará parte do requisito de asistencia ao 70% das sesións. ** Se realizarán 1 ou 2 actividades en cada tema cun valor total de 3 puntos: 2 actividades nos temas 1, 2 , 3 e 5 (cada unha cun valor de 0,3) e 1 no tema 4 (cun valor de 0,6) ** A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. ** Se algún/a estudante non pode asistir a clase no momento da elaboración ou a entrega, deberá enviala ou entregala con anterioridade c. Procura e análise dunha experiencia de intervención/investigación baseada no fomento de estilos de vida activos (Valor 1 punto) Pasos: · Procura de artigo nunha base de datos · Subir título proposta e ligazón (non se pode repetir) · Análise reflexiva da proposta seguindo guión establecido
d. Proposta dunha unidade didáctica. Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 4. (valor 1 punto) A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón non se supera o 0,5, hai que repetila, en data e hora que establecerán os docentes.
e. Probas de ensaio (valor total 5 puntos) Realizaranse dúas probas: · A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos. · A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos. Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada. **** As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación. En ningún caso son preguntas de resposta memorística. ****As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización. ***Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3. *** Consideracións de para o mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua): · Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores. · Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias. 2. AVALIACIÓN FINAL Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estarán obrigados a cumprir a asistencia. Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso continuo coa materia. |