Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Anatomía e cinesioloxía do movemento humano | Código | 620G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | - Farase unha presentación da asignatura, coa lectura dos aspectos máis importantes da guía docente, e resolveranse as cuestións que plantexe o alumnado sobre a mesma. - Avaliaránse os coñecementos previos do alumnado no ámbito da Bioloxía e a Física que lle permitan abordar con seguridade os contidos da Anatomía e a Cinesioloxía. - Discutirase sobre a motivación pola que o alumnado inicia estes estudios e sobre cal é a importancia que neles lle asignan ao estudo da Anatomía e a Cinesioloxía. - A información obtida permitirá iniciar e desenrolar a docencia con maiores garantías de comprensión e interese por parte do alumnado. - Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudio axeitado da materia. |
Sesión maxistral | - As sesións maxistrais levaranse a cabo en grupo grande (de 60 alumnos/as). A situación actual da COVID-19 obrigará a que estas sesións se impartan de xeito telematico (por Mcrosoft Teams) nun grupo único. - Durante a sesión o profesor fará unha exposición oral e resumida dos contidos máis importantes, coa axuda de medios audiovisuais. - Nembargantes, a maior parte da sesión dedicarase a resolver as dúbidas ou dificultades que o alumnado atopase ao longo do estudo e preparación previa dos temas. - Nestas sesións faranse preguntas dirixidas ao alumnado para que reflexionen sobre os aspectos máis relevantes e fixen, de este modo, ditos conceptos. |
Prácticas de laboratorio | - A docencia interactiva (prácticas de laboratorio) levarase a cabo en grupos medianos (de 20 alumnos/as). - Nelas abordaranse os contidos de Osteoloxía, coa axuda de maquetas e pezas esqueléticas humanas. - Previamente á práctica, o alumnado fará un estudo (non presencial) dos osos que correspondan a cada práctica, co material docente dispoñible en Moodle. - O profesor resolverá ás dúbidas que os alumnos poidan plantexar, e incidirá nos elementos máis relevantes de cada peza ósea. |
Portafolios do alumno | - O alumnado elaborará un caderno de traballo, que se fará escrito e debuxado a mán, que recollerá a descrición de tódalas prácticas de docencia interactiva (estudo da Osteoloxía), así como aqueles contidos do bloque temático de Xeralidades que proporá o profesor. |
Estudo de casos | - Os estudos de casos vanse desenrolar en grupos medianos (de 20 alumnos/as). - Consistirán no estudo de patoloxías nas que están implicadas estructuras anatómicas, así como pode ser a resolución de problemas de análises articulares e musculares de posturas ou de movementos propostos polos profesores. - Tamén poderán consistir no deseño de exercicios físicos nos que estean implicados distintos segmentos corporais. |
Proba de resposta múltiple | - Consistirá en varias probas que permitan evaluar a adquisición dos obxectivos sobre os coñecementos e competencias de cada bloque temático. - Explícase con máis detalle no apartado de Evaluación. |
Proba obxectiva | - Consistirá nunha proba que permita avaliar a adquisición dos obxectivos sobre os coñecementos e competencias da materia. - Explícase con máis detalle no apartado de Avaliación. |