Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría e historia da actividade física e do deporte | Código | 620G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A2 A1 A3 B12 C1 | Este exame é preciso superalo para poder facer media co resto de notas (Tema 3 e 4 para as persoas de avaliación contínua) O exame será presencial e escrito, con preguntas verdadeiro-falso para completar. |
4 |
Traballos tutelados | A2 A1 A3 B12 C1 | - Mulleres e deporte. Traballo que consiste na recopilación de información sobre unha muller ou grupo de mulleres deportistas. Este traballo consta de diferentes partes: dossier, póster e presentación oral. Calificación: 2.5 puntos. |
2.5 |
Solución de problemas | A2 A1 | -Cuestionario moodle: Tema 1. Lecturas sobre valores corporais, cultura corporal e masculinidades ou semellantes (1 punto). Tema 2. Lecturas sobre medio ambiente e deporte (1 punto). Tema 2. Lecturas sobre dereitos humanos e deporte e valores (1 punto). Tema 2. Traballo proposta ética e deporte (0.5). |
3.5 |
Observacións avaliación | |||
- O alumnado que queira optar a matrícula poderá entregar un traballo denominado "historia familiar e motriz", con autorización da responsable da materia. - O alumnado poderá optar por avaliación contínua (o que se corresponde co apartado de avaliación desta guía) ou avaliación final (só exame final). O alumnado que se incorpore tarde ao curso só poderá optar a matrícula final. - Avaliación contínua: como criterio pídese unha asistencia do 70% das clases prácticas, así como a entrega dos traballos nas datas acordada e asistencia a titorías ou charlas que se especifiquen ao longo do curso. As faltas ás clases, sen xustificación, de traballo grupal descontarán na nota final. Cada dúas faltas restarase 0,5. En todos os casos é preciso aprobar todas as partes para facer a media final. Tanto o feito de non aprobar os traballos como as faltas a clase pode supor o suspenso na avaliación contínua e a necesidade de presentarse na convocatoria de xullo. - Avaliación final: este alumnado non ten ningunha esixencia de asistencia a clase e realizará un exame final, éste poderá ser oral ou escrito, sobre os contidos da materia. O exame será o 100% da nota. O exame entregarase no idimoa de impartición da materia, facilitarase en castelán solicitándoo unha semana antes á data de realización. - Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso. - O alumnado coa materia pendente doutros anos realizará un exame escrito ou oral ou entregará os traballos que tiña pendentes, en función de cada caso. Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a - Cando na primeira convocatoria se suspenda algunha das partes gardarase a nota das partes aprobadas durante 4 cursos escolares. O alumnado será responsable de actualizarse respecto á materia impartida cada curso. -Ao longo do curso poderían xurdir actividades extras, como conferencias ou semellantes, que poderán plantexarse como actividades obrigatorias para o alumnado. - Non recepcionarán traballos a través do correo electrónico, para este fin usarase a plataforma moodle. |