Prácticas de laboratorio |
Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental. |
Prácticas a través de TIC |
Empregarase unha aplicación como Kahoot ou similar, coa intención de estimular aos estudantes para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións anteriores ou, mesmo, na propia sesión. Tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargado de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión onde se utilice Kahoot. |
Proba mixta |
Proba que pode integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Proba clínica |
Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvoltos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte ( ACoM)". |