Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Habilidades de loita e a súa didáctica | Código | 620G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación da asignatura: obxectivos, desenvolvemento dos contidos, das sesións, do sistema e proceso de avaliación, e explicación do traballo do/da estudante. |
Proba mixta | Exame teórico dos contidos teórico-prácticos desenvolvidos durante o cuadrimestre, mais dos traballos solicitados, e Exame práctico de competencia motriz sobre os contidos prácticos expostos. |
Sesión maxistral | Presentación dos contidos de xeito expositivo e demostrativo por parte do docente. Poderá tratarse de contidos exclusivamente teóricos e/ou de execución práctica. |
Simulación | Os e as estudantes deberán preparar a exposición de algún contido teórico-práctico concreto, para a súa posteriór presentación e realizacón por parte do resto do grupo. |
Práctica de actividade física | Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos que incluirán os aspectos teóricos en relación aos criterios motrices básicos de execución, así como a execución das habilidades para a obtención da competencia motriz específica. |
Prácticas clínicas | O/A estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas ao efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubes e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O/a responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada. |
Prácticas a través de TIC | Consiste na elaboración e entrega dun traballo en formato video das habilidades de pe e de chan presentadas nos contidos, e executadas polo alumno/a. A montaxe do video terá unha duración máxima de 20'. |