Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte | Código | 620G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A5 A6 A8 A11 A13 B2 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B16 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C6 C7 | Será obrigatorio asistir ás clases, polo menos ao 65% das sesións en pequeno/mediano grupo para poder superar a materia, no caso de non cumprir os criterios de asistencia, a criterio do profesor,poderase suplir a mesma coa elaboración dun traballo complementario sobre a temática desenvolvida nas devanditas sesións. A Discusión dirixida consistirá na elaboración, de forma individual ou pequeno grupo, e exposición de traballos encomendados polo profesor, e a súa posterior posta en común e discusión en pequeno grupo. Valorarase: A: A estrutura do documento elaborado sobre a temática proposta, e a argumentación e formulación de posicións con respecto ao tema concreto na discusión en pequeno grupo, que se recollerán nun documento memoria manuscrito. B: A presentación pública, no seu caso, ao resto dos alumnos do documento elaborado e a súa posterior discusión en gran grupo, debendo recoller as conclusións noutro documento manuscrito. No caso de non levar a cabo na súa totalidade este apartado, debido exclusivamente a problemas derivados da organización do curso e/ou tempo necesario para o desenvolvemento dos contidos da materia, e, por conseguinte, non ter datos obxectivos suficientes para a súa valoración, a proposta do profesor a ponderación sobre a cualificación final deste apartado redistribuirase equitativamente nas outras metodoloxías de avaliación obrigatorias contempladas nesta guía docente. |
20 |
Traballos tutelados | A6 A8 A9 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B10 B12 B14 B16 B18 B20 C1 C3 C4 C6 C8 | Este apartado constará de: A: Elaboración dun traballo obrigatorio, individual ou grupal, consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nun PROXECTO CURRICULAR de CENTRO para unha etapa educativa determinada, segundo o guion achegado polo profesor, publicado en moodle, e que en todo caso desenvolverase nas sesións prácticas de pequeno/mediano grupo. Presentarase de forma práctica na aula, podendo utilizar as TIC, e este proceso formará parte da avaliación do propio traballo. B: Realización de traballos voluntarios, individuais ou en grupos reducidos sobre temas de interese elixidos polos propios alumnos, previa consulta co profesor da súa temática e estrutura. (Este último apartado será de execución voluntaria e complementarase coa asistencia e participación nas actividades desenvolvidas na aula, podendo supor un complemento equivalente a un 10% sobre a cualificación final obtida polos alumnos nos apartados obrigatorios) |
30 |
Proba mixta | A4 A10 A13 B7 B14 B16 C1 | Constará da realización dun exame final na convocatoria de Xuño, composto dunha parte conceptual e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes para a obtención do aprobado. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos apartados obrigatorios contemplados na Avaliación, considerándose como NON PRESENTADO a aqueles alumnos/ as que non se presenten ao exame final na data prevista no calendario oficial da Facultade . A valoración do apartado correspondente á metodoloxía de avaliación "DISCUCIÓN DIRIXIDA" (20%) poderase repartir equitativamente entre as outras metodoloxías de avaliación obrigatorias contempladas nesta guía docente. Este suposto darase exclusivamente no caso de que non se poidan levar a cabo de forma óptima os grupos de discusión no normal desenvolvemento dos contidos, sesións prácticas e temporalización da materia, non podendo obterse datos avaliables da participación dos alumnos. En todo caso, será necesario advertir previamente á toma desta decisión aos alumnos e ao departamento a través dunha canle de comunicación oficial (comunicación interna á dirección de departamento, clase de asistencia obrigatoria, taboleiro de anuncios oficial do 4º curso). Tanto o exame como o resto de documentos de avaliación estarán no idioma de impartición da materia, se se desexa noutro idioma deberase solicitar para a súa preparación, polo menos, unha semana antes da data de realización do mesmo. Na segunda oportunidade, e na convocatoria adiantada de decembro, respectaranse as partes aprobadas durante o curso en primeira oportunidade, debéndose realizar soamente as partes pendentes. En convocatorias de cursos sucesivos, teranse que realizar a totalidade dos requisitos de avaliación contemplados na guía docente/programa oficial aprobado polo departamento para ese curso académico. Poderanse conservar, previa valoración e autorización por parte do profesor, aqueles apartados do proceso de avaliación vencellados con criterios prácticos e/ou de presencialidad xa realizados e avaliados positivamente en cursos anteriores, a condición de que coincidan en temática e requisitos de realización cos solicitados no curso académico actual (requirirán en todo caso coñecemento previo e autorización expresa por parte do profesor da materia). |