Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Cuarto
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Profesorado
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Iglesias Soler, Eliseo
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
eliseo.iglesias.soler@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
Web
Descrición xeral
As materias Actividade física saudable e calidade de vida I e II conforman as disciplinas que de forma obrigatoria o alumnado do grao cursará detro do módulo ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE E CALIDADE DE VIDA. Ambas as materias entendemos que deben complementarse e nesta sentido Actividade física saudable e calidade de vida II abordará fundamentalmente cuestións referidas á prescrición de exercicio desde as perspectivas rehabilitadora, preventiva e de incremento do benestar. En atención á descrición do módulo a materia estruturarase contorna a 4 bloques:
-Prevención e readaptación funcional de lesións e patoloxías do aparello locomotor
-Prescrición personalizada de exercicio para a mellora da aptitude física relacionada coa saúde.
-Activida e exercicio físico orientado á saúde na Educación Física escolar
-Prescrición de exercicio físico e envellecemento
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
En caso de confinamento, tódalas metodoloxías sufrirían adaptación
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Actividades iniciais. Se impartirá por videoconferencia a través de Teams, gravándose e poñéndose a disposición do alumnado en Stream e Moodle
- Traballos tutelados. Mantéñense os criterios, se ben a titorización farase a través de Teams
- Solución de problemas. Mantéñense os criterios. No caso de traballos que requiran do tratamento de datos recollidos nas clases interactivas, éstes serían facilitados polos profesores
- Sesión maxistral. Se impartirá por videoconferencia a través de Teams, gravándose e poñéndose a disposición dos/das alumnos/-as en Stream e en Moodle
- Proba mixta. Será non presencial, mediante emprego da plataforma Moodle. Levarase ó cabo na data e hora oficial
- Presentación oral. A presentación do traballo tutelado farase por videoconferencia mediante o emprego de Teams
- Prácticas de laboratorio. En caso deconfinamento, sustituirase pola descrición das actividade e a exemplificación mediante material audiovisual, que serán presentadas ó alumnado a través de Teams gravándose e poñéndose a disposición dos alumnos en Stream e en Moodle
- Simulación. En caso deconfinamento, sustituirase pola descrición das actividade e a exemplificación mediante material audiovisual, que serán presentadas ó alumnado a través de Teams gravándose e poñéndose a disposición dos alumnos en Stream e en Moodle
- Obradoiro. En caso deconfinamento, sustituirase pola descrición das actividade e a exemplificación mediante material audiovisual, que serán presentadas ó alumnado a través de Teams gravándose e poñéndose a disposición dos alumnos en Stream e en Moodle
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Se indican medios e temporalidade:
Moodle. Semanalmente apórtanse materiais e tarefas a través desta plataforma. A comunicación de novas faise a través de foro e de quickmail
Teams. As sesións maxistrais e interactivas impártiranse por videoconferencia. Asemade as titorías con alumnos/-as individuais e con grupos faranse por este medio en función da demanda, puidéndose empregar asemade para compartir arquivos cos/coas estudantes
Correo electrónico. As consultas dos alumnos recibidas por este medio, respóndense nun prazo de 24 horas.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense os criterios de avaliación, agás no referido á ponderación de cada apartado, quedando da seguinte maneira:
Proba mixta. 40%
Traballos tutelados. 25%
Presentación oral. 10%
Solución de problemas. 25%
*Observacións de avaliación:
As observacións recollidas na guía orixinal mantéñense, agás no referido á ponderación dos apartados, tal e como indicamos con anterioridade. Ditas ponderacións serán tamén aplicadas ó estudantado que cursara a asignatura por primeira vez en anos académicos anteriores ó 2020-2021 ("alumnos/-as pendentes de anos anteriores").As observacións anteriores son igualmente de aplicación para a segunda oportunidade para tódolos/-as estudantes.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
As recomendación bibliográficas mantéñense, xa que é con elas coas que se elaboran as presentacións e apuntes de aula. Todo este material está dispoñible para o alumnado en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías