Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Cuarto
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Profesorado
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Web
Descrición xeral
Unha das poucas materias deste novo plan de estudos que introducen ao ámbito profesional da dirección deportiva e da xestión deportiva.
Esta materia ofrece unha visión xeral da dirección e xestión no sector deportivo, traballa as competencias do procedemento de intervención profesional na dirección de servizos deportivos, e desenvolve competencias de análises e diagnose, planificación estratéxica, dirección de proxectos, e establece a importancia da responsabilidade profesional no exercicio profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Estudo de casos: Prácticas a través de TIC
- Traballos tutelados
- Proba mixta
- Portafolios do alumno
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- As sesións maxistrais pasarán a impartirse telemáticamente de forma síncrona.
- O Aprendizaxe servizo pasa a traballo tutelado de elaboración dun proxecto deportivo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao estudantado
- Servizo de mensaxes Moodle UDC: De uso para facer consultas, solicitar encontros telemáticos para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle UDC: Segundo necesidades do estudiantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as Discusións dirixidas.
- Teams: Sesións para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
4. Modificacións na avaliación
- A avaliación da participación activa adaptarase proporcionalmente en función das sesións presenciais e non presenciais totais realizadas.
No caso de que o número de sesións realizadas non alcance o 60% das sesións programadas, este apartado pasará a ser non obrigatorio e a nota correspondente será sumativa.
A porcentaxe inicial da participación activa computarase ao contido escollido do apartado de Saber Estar.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dá xeito dixitalizada en Moodle UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías