1. Existen dúas alternativas de avaliación: A modalidade Avaliación Guía Docente DXD e a modalidade opcional Convenio de avaliación DXD. Todo o alumnado, incluidos os/as estudantes
con dedicación a tempo parcial, opta pola Avaliación Guía Docente DXD, exceptuando aqueles que, dentro do prazo establecido, presenten por escrito o convenio da súa avaliación e este quede aprobado por parte do profesor. A avaliación da materia consta de catro apartados que corresponden a catro competencias básicas: avaliación dos coñecementos achegados en sesións teóricas de aula (saber), avaliación dos procedementos teórico-prácticos (saber facer), avaliación das actitudes (saber estar), e avaliación autónoma do propio alumnado (facer saber).
2. MODALIDADE AVALIACIÓN GUÍA DOCENTE.
Na primeira opción, denominada AVALIACIÓN GUÍA DOCENTE, o alumnado deberá realizar os seguintes contidos mínimos seguindo as directrices da guía docente e da plataforma virtual UDC de forma INDIVIDUAL:
2.1) Competencia Saber / Apartado de Coñecementos: Proba escrita final sobre os coñecementos da materia / Valor: 35 % / Data de entrega: Convocatoria oficial
2.2) Competencia Saber facer / Apartado de Procedementos: Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou dun acontecemento deportivo proposto polo profesor/ Valor: 35 % / Data de entrega: Convocatoria oficial
2.3) Competencia Saber estar / Apartado de Actitudes: Contido adicional de carácter voluntario / Valor: 15 % / Data de entrega: Convocatoria oficial
2.4) Competencia Facer saber / Apartado de Comunicación: Presentación dun video-currículum vitae e deportivo, informe de autoevaluación e autocalificación cunha tabla de control del tempo utilizado nas tareas da materia/ Valor: 15 % / Data de entrega: Convocatoria oficial
3. MODALIDADE CONVENIO DE AVALIACIÓN.
Na segunda alternativa, que se concreta mediante un CONVENIO DE AVALIACIÓN, o alumnado deberá asinar un documento, consensuado co profesor, presentado en prazo, onde concretarán os contidos escollidos para cada apartado e a porcentaxe de nota para cada un deles.
a) Para esta modalidade é requisito imprescindible superar o 80 % de participación activa.
b) Se por calquera incidencia, xustificada ou non, se alcanzase entre o 75 e o 80 % da participación activa, o alumnado o alumnado deberá realizar un traballo extraordinario consensuado co profesor. Si só alcanzase entre o 60 e o 75 % da participación, engadiríase ao convenio de avaliación a elaboración dunha recensión con defensa seguindo as pautas da materia.
c) Nos casos que non se poidan cumprir as condicións do convenio ou se a participación fose menor do 60 %, por calquera circunstancia xustificada ou non, as persoas implicadas pasarán automaticamente á Avaliación Guía Docente DXD.
d) Os contidos de avaliación na vía convenio escolleranse da listaxe proporcionada polo profesor no documento: Modelo convenio de avaliación.
e) Os apartados mínimos obrigatorios son:
3.1) Competencia Saber / APARTADO: Coñecementos / CONTIDO ORIENTATIVO: Contido teórico - Prácticas de aula e controis das prácticas/ VALOR MÁXIMO: 35% / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial
3.2) Competencia Saber facer / APARTADO: Procedementos / CONTIDO ORIENTATIVO: Traballo Teórico-práctico / VALOR MÁXIMO: 40 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial
3.3) Competencia Saber estar / APARTADO: Actitudes / CONTIDO ORIENTATIVO: Informe de méritos acreditados relacionados coa materia - Avaliación Autónoma e autocalificación coa memoria de todas as tarefas realizadas durante o curso / VALOR MÁXIMO: 25 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial
3.4) Competencia Querer Facer (OPTATIVO) / APARTADO: Comunicación / CONTIDO ORIENTATIVO: Colaboracións, Formación permanente, Procuras bibliográficas, recensións... / VALOR MÁXIMO: 10 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial
4. Criterios de avaliación para todo o alumnado.
4.1) A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Preguntas obxectivas, V/F, preguntas de resposta breve e unha pregunta de desenrolo dun tema breve. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
4.2) O traballo teórico-práctico consistirá na elaboración dun proxecto e na realización das prácticas de aula que estarán relacionados cos contidos de intervención dentro da dirección deportiva.
4.3) Os criterios que rexen os convenios son os que garanten a consecución dos obxectivos do programa, cumprindo cos principios xerais de igualdade, equidade, seguridade documental e boa fe.
4.4) A cualificación final obterase da media de todos os contidos, a condición de que cada contido alcance, como mínimo, o 50 % do seu valor.
4.5) Establécese entre os requisitos necesarios para superar a materia, pasar correctamente os controis de seguimento, a defensa apropiada dos contidos a petición discrecional do profesor, e non cometer ningún erro grave respecto dos criterios de avaliación.
4.6) O idioma no que se presentará/n a/s proba/s de avaliación será o galego. No convenio de avaliación, o interesado solicitará o idioma no que prefire realizar as probas de avaliación. Para o resto de estudantes, a solicitude do idioma no que realizarán as probas realizarase unha semana antes da convocatoria oficial.
5. Presentación / entrega de traballos:
5.1) Presentación total. Nos contidos que estean constituídos por varios traballos, terase en conta a presentación de todos eles para a elaboración da nota correspondente
5.2) A presentación de traballos en soporte dixital realizarase coidando aspectos formais de presentación, estruturais e de contido. Rexeitarase todo soporte dixital que non dispoña da identificación adecuada (nome e apelidos, código de alumno, materia, curso, índice de contidos e denominación oficial dos arquivos) ou cando o soporte dixital non teña traballada a súa presentación.
5.3) Para valorar integramente os contidos, non poderán aparecer erros tipográficos nin faltas de ortografía. Os arquivos con formato ilexible non poderán ser avaliados.
5.4) A entrega de traballos na plataforma virtual UDC e no prazo acordado son requisitos inescusables.
5.5) A irregularidade no seguimento da asistencia será considerada como falta grave para os implicados.
6. Mantemento de notas en convocatorias posteriores
6.1. Os criterios de avaliación son iguais para a primeira e segunda oportunidade. As partes aprobadas da materia manteranse durante as dúas oportunidades do mesmo curso académico e, si é o caso, durante a convocatoria extraordinaria de decembro
6.2. Cada estudante deberá adaptarse aos novos criterios da guía docente do curso no que estea matriculado.
6.3. Para manter as notas dun curso para outro, é necesario asinar un novo convenio de avaliación no prazo establecido ao comezo de cada cuadrimestre no novo curso.