Sesión maxistral |
A2 A1 A3 A4 A6 A10 A11 A15 A35 B1 B4 B7 B9 B19 C7 C8 |
Será imprescindible aistir as sesións maxistrales das fases INFORMATIVA e FORMATIVA para poder realizar o TFG.
Cada área realizará seis sesions de 1,5 horas en el 2º cuadrimestre (establecidas no horario oficial del curso) en formato presencial o en línea. A asistencia será obligatoria a 4 das sesions programadas como mínimo. |
0 |
O regulamento completo do TFG debe consultarse xa que completa a información establecida nesta guía,a tópase en MOODLE e na web da Facultade O alumnado implicado deberá entregar ao profesor/a da Unidade de Competencia, nas datas establecidas a tal efecto, os seguintes documentos: - Título definitivo do TFG nos idiomas galego, castelán e inglés. - TFG finalizado conforme ao estipulado na Normativa, en canto a forma e contido. O/a profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, de acordo co/a co-director/a, avaliará inicialmente os TFGs dos seus estudantes, conforme ao disposto no apartado de avaliación
FORMATO DE PRESENTACIÓN O/a estudante presentará un documento escrito en calqueira idioma oficial da UDC (excepcionalmente admitirase en inglés, francés ou portugués, previa autorización da comisión TFG e xustificado con anterioridade polo profesorado responsable da Unidade de Competencia), cunha extensión máxima de 75 páxinas (incluida bibliografía e táboas), salvo excepcións autorizadas pola comisión do TFG, escrito nun linguaxe académico correcto e atendendo á estructura indicada na presente normativa. O/a estudante entregará unha copia en formato dixital (nun único arquivo en pdf) al profesorado da Unidade de Competencia, e outra copia por correo electrónico tfg.inef@udc.es nos prazos establecidos.AVALIACIÓN DO TFG Os requisitos para obter unha avaliación positiva no TFG serán os seguintes: 1. Realización dás sesións da Unidade de Competencia asignada (cando menos a 4 sesións das programadas no segundo cuadrimestre) e ás correspondentes da fase formativa/informativa (primeiro cuadrimestre). 2. Entrega do TFG ao profesor/a da Unidade de Competencia asignado, de acordo coa estructura e datas establecidas na Guía Docente. 3. Obter unha valoración mínima de Apto (5 puntos) outorgada polo/a profesor/a da Unidade de Competencia (e o/a co-director/a, se fora o caso). O profesorado responsable de cada unidade será o encargado de programar o proceso de elaboración do TFG do grupo e da súa avaliación. Se a cualificación final outorgada a un TFG fose igual ou inferior a 8, esta constituirá a nota definitiva de avaliación do mesmo, prescindíndose da súa defensa pública. Se o profesor/a responsable da unidade de competencia considera que a cualificación debe ser superior a 8, proporá a defensa pública para subir a cualificación, sempre co acordo do alumno/a implicado. Esta defensa realizarase ante unha Comisión de Avaliación do TFG, constituida a tal efecto, entre o profesorado de outras Unidades de Competencia. Sexa cal sexa o caso, o profesorado de cada Unidade de Competencia deberá cubrir, para cada alumna/o, a Rúbrica de avaliación elaborada a tal efecto e que se incluirá na Guía Docente da materia. Aquel alumno/a que non estea de acordo coa cualificación outorgada polo profesorado responsable, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC. A Comisión de Avaliación estará constituida por tres membros do PDI da Facultade que nese momento se atopen dirixindo ou co-dirixindo outros TFG. O profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, o co-director/a, non poderán formar parte da Comisión Avaliadora do seu alumnado do TFG. Cando se realice a defensa pública, o proceso de presentación non deberá exceder dos 20 minutos. Neste caso, o profesor/a da Unidade de Competencia aportará un valor do 80%, e a comisión o restante 20%. A comisión deberá axustarse á Rúbrica de avaliación que se presenta no Anexo VI. En todos os casos garántirase a cualificación outorgada polo profesor/a da Unidade de Competencia como nota mínima do alumno/a tras a defensa. A Comisión Avaliadora recibirá coa antelación suficente, de acordo a planificación temporal do TFG, o documento de TFG xunto co informe da guía de avaliación/autoavaliación. Finalmente, adjuntaras a presentación que defenderán ante a Comisión de Avaliación, en formato .pdf,con 48 h de antelación a defensa, aácoordinadora do TFG. No caso de que algún membro da Comisión Avaliadora detecte que o traballo presentado non debiera ser presentado a exposición pública, emitirá un informe á comisión do TFG para que dirima a pertinencia de tal alegación. Cuando se realice la defensa pública, el proceso de presentación no deberá exceder los 20 minutos.En este caso, el profesor/a de la Unidad de Competencia aportará un valor del 80%,y la comisión evaluadora el restante 20%, siempre y cuando cumpla con los requisitos establecidos en la guía. La Comisión Evaluadora deberá ajustarse a la rúbrica de evaluación que se presenta en el Anexo V de la guía docente ampliada. Tras esta segunda fase do proceso de avaliación, o alumnado que non estea de acordo coa cualificación outorgada pola comisión avaliadora, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC. O/a estudante que non teña superado o TFG, e aos efectos de presentarse en futuras oportunidades e/ou convocatorias, será de aplicación o seguinte: - Se non cumpre co requisito de realización da Unidade de Competencia, non poderá presentar o TFG e terá que volver a solicitar a asignación a unha das unidades para o seguinte curso académico. - Se cumpre o requisito de asistencia e a cualificación do TFG é inferior aos 5 puntos poderá presentarse na seguinte oportunidade ou no vindeiro curso, considerándose cumprido o requisito de asistencia, sempre que o TFG sexa no mesmo tema correspondente á Unidade de Competencia asignada.
|