Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Iniciación en deportes VI (vela, ou outras actividades deportivas emerxentes)(optativa) | Código | 620G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Práctica de actividade física | Sesións prácticas de aparellado e técnicas básicas en seco ou online. Realizadas as mesmas e superada a puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 da correspondente proba obxectiva, realizaranse prácticas de navegación sobre embarcacións colectivas en augas da Ría da Coruña no horario previsto. Imprescindible roupa e calzado adecuados. |
Sesión maxistral | Desenvolvemento do programa de contidos da materia. Impartirase durante o primeiro cuadrimestre na aula náutica da UDC ou a través da plataforma Teams se fose non presencial. |
Traballos tutelados | A proposta do alumnado en cada curso académico |
Saídas de campo | Visita a astillero, velería, salvamento marítimo |
Obradoiro | Nós e materiais de construción e reparación en fibra de vidro. |
Portafolios do alumno | Diario de sesións teórico-prácticas, talleres, obradoiros e saídas de campo. |
Esquemas | Realización de esquemas-resumen de dous temas a proposta do profesor |
Actividades iniciais | Presentación da materia e explicación da GD |
Proba obxectiva | Realizaranse dous: A primeira, previa á navegación práctica: Necesario superala con 5 puntos sobre 10 antes de ser admitido a prácticas de mar. A segunda, na data prevista de exame aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba final, poderase dividir en dous exames parciais ao longo do cuadrimestre, sempre dentro do horario habilitado para a materia.. O alumnado coñecerá as datas de todas as probas cunha antelación mínima de 10 días. |