- Dado o carácter teórico-práctico da materia, diversas metodoloxías expostas están encamiñadas a favorecer que o alumnado adquira aprendizaxes que lle resulten de maior dificultade; deste xeito o traballo sobre as prácticas motrices poderá ser de gran interese para familiarizarse
coa observación das habilidades específicas da natación e expor de tarefas que faciliten a consecución dun determinado obxectivo; aínda que dada a posibilidade grupal do traballo, á súa vez poderá resultar proveitoso para quen careza dunha elevada competencia motriz en natación.
- Por outra banda, a posibilidade de realizar algunha saída de campo dirixido á observación e análise das actividades realizadas nun club que traballe a disciplina da natación,
permitirá familiarizarse coa contorna, observar e analizar o traballo desenvolvido nas mesmas e poñer en práctica, en situación real, algúns coñecementos e experiencias adquiridos na materia.
-
Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de
calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude
realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no
proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o
nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia
do profesorado en cada materia.
|