Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Lopez Gonzalez, Candido
Correo electrónico
candido.lopez@udc.es
Profesorado
Diaz Revilla, Alfonso
García Fontán, Cristina
Lopez Gonzalez, Candido
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
a.diaz.revilla@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
candido.lopez@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia desenvolve un corpus tanto de coñecementos de teoría e historia dos trazados urbanos como de útiles metodolóxicos de analise. Este permitelle ao alumnado percibir o Proxecto Arquitectónico e o Proxecto Urbano como parte dun contexto mais amplo, e desenvolver un posicionamento critico ante a cidade contemporánea. Así mesmo enfróntase coa especificidade da cidade europea co obxetivo de comprender o porqué da súa existencia como un sistema de conceptos, signos,e formas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
_Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
_Sesión maxistral
_Portafolios do alumno
_Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
_Obradoiro: Os exercicios a desnvolver nesta metodoloxía se incorporan na metodoloxía "Traballos tutelados"
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
_Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados.
_Moodle: Semanalmente e segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos.
_Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (40%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
Aaí mismo, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
_Non se modifican. A bibliografía básica atópase escaneada a disposición do alumnado no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías