Obradoiro |
A12 A13 A14 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A29 A34 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A61 A63 A70 A71 A72 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 |
O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise e traballo práctico en casos relacionados coa Habitabilidade Básica.
Todo isto é formalizado nun traballo teórico-práctico, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica, que se manifestará coas estratexias comunicativas propias das profesionais da arquitectura.
A realización do traballo teórico-práctico inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso. |
66 |
Asistencia mínima. A
asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o
curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. Queda excluído deste requisito o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212).
Matrícula tardía. As
persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán
asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a
posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data.
Avaliación. Para
superar a materia, o alumnado disporá de dúas oportunidades: maio/xuño e xuño/xullo. Na primeira
oportunidade. o alumnado será avaliado polos resultados do seu traballo no obradoiro.
Non entregar o
traballo teórico-práctico no momento da primeira oportunidade de avaliación implica
unha cualificación de "Non Presentado".
Quen non superase
esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá
nunha proba mixta de tipo teórico-práctica no mes de zuño/xullo, segundo o
calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnado
deberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado,
no momento de realización da proba.
|
|