Seguimento das actividades programadas. Preparación
de temas e consulta da bibliografía e do material dispoñible. Emprego de
titorías para resolución de dúbidas. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou
probas será de aplicación o recollido nas normativas correspondentes.
Observacións do plan de
continxencia:
Os contidos desta guía corresponden ás
condicións dun escenario dunha normalidade adaptada onde poida existir
presencialidade e de acordo coas medidas que establezan as autoridades
competentes. No caso de escenarios diferentes adoptaranse as indicacións
correspondentes das autoridades competentes e as especificacións do plan de
continxencia. |