Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxecto da Paisaxe 3/630G03020
Proxecto da Paisaxe 2/630G03015
Proxecto da Paisaxe 1/630G03010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Planificación e Sostibilidade da Paisaxe/630G03025
Construción Aplicada 2/630G03026

Materias que continúan o temario
Proxecto da Paisaxe 6/630G03032

Observacións

-O desenvolvemento de toda a práctica deberase realizar con debuxos realizados a man e de forma

individual ou en grupo.

-Valorarase a asistencia ao taller, as entregas das prácticas e a participación en clase do alumn@  

-Ademais das entregas parciais o alumno deberá ter un pequeno caderno de notas de campo onde

envorcará todas as súas reflexións, probas bosquexos, etc. (Pode ser tamaño A5 ou a elección)

-Tamaño recomendado A1 ou A2 Escala 1:2.000

PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19. De non poder realizarse presencialmente as clases, tanto

interactivas como expositivas, estas realizaranse en formato online. Do mesmo xeito se realizará a

avaliación. Utilizaranse para eses fins a plataforma Teams, moodle USC e o correo electrónico

– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para

resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos

asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros

de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se

pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.

– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para o desenvolvemento das tarefas