Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non ha trocos pero poderase simplificar na medida do posible a exposición dos contidos da materia, facendo unha selección dos que se consideren fundamentais de cara a garantir a adquisición das competencias e resultados de aprendizaxe esenciais.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Non ha trocos, conseguintemente as metodoloxías docentes se manteñen.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Para impartir/traballar tódalas metodoloxías empregarase o método de docencia máis axeitado (síncrona e/ou asíncrona), a través dos diversos programas, ferramentas ou plataformas dispostas pola UDC (sobre todo, seguindo a plataforma Moodle e as ferramentas do paquete Office 365, por exemplo, Outlook e/ou Teams)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atención a distancia empregando o medio más conveniente
Teléfono (ext. 4313)/Outlook/Teams/Skype: Manterase o horario de titoría oficial aberta a canles de comunicación directa co alumnado.
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
Teams: unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. Sesións adicionais segundo o demande o alumnado, ben nun grupo grande e/ou ben en grupos pequenos, segundo a demanda. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia
4. Modificacións na avaliación
Especifícanse as metodoloxías de avaliación e o peso da cualificación, incluído a asistencia, participación e aproveitamento das clases no caso de:
Avaliación continua: Proba obxectiva (exames parciais e/ou final) 50%; Traballos tutelados 35%; Presentación oral 15%
Convocatoria do 1º cuadrimestre e 2ª oportunidade: Proba obxectiva (examen final) 100%.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na Guía Docente
No referente ao “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” o profesor pon a disposición do alumno os apuntes actualizados da materia en Moodle, non se lle exixe a asistencia a clase para a súa avaliación nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo e no relativo ás titorías do profesor
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
Teams: unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. Sesións adicionais segundo o demande o alumnado, ben en nun grupo grande, ben en grupos pequenos, segundo a demanda. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non ha trocos pero podería facilitarse bibliografía en Moodle mediante copias de partes de obras que non excederán o 10% do cómputo total da obra, así como webgrafía por medio de enlaces a biblioteca virtual da UDC.
|