Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Enxeñería sanitaria | Código | 632514009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B6 B9 B14 | Descríbese a súa estrutura e importancia no apartado de metodoloxía. É un requisito fundamental para aprobar a materia que o alumno obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 no traballo tutelado. | 50 |
Saídas de campo | B9 B10 C8 | A participación na(s) visita(s) técnica(s) será tida en conta para a avaliación. | 5 |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A33 A34 A35 B1 B2 C5 | Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase maxistrais efectivas. Para aprobar a materia con metodoloxía Bolonia deberase cumprir este requisito (ler "observacións avaliación" apartado A). Os profesores poderán facer un seguimento e advertir ao alumno sobre a falta de cumprimento deste requisito, pero en todo caso, será responsabilidade individual de cada alumno o autocontrol sobre o seu grao de asistencia a clases. No caso de alumnos con matrícula de dedicación parcial, a súa avaliación descríbese no apartado B de "observacións avaliación". Con todo, se estes alumnos asistisen regularmente a clases, cumprindo co mínimo esixido (80% de asistencia), e realizasen o traballo tutelado, entón a súa avaliación será similar aos alumnos con matrícula a tempo completo. |
20 |
Proba de resposta breve | B10 | A proba de control de coñecementos é de obrigada realización por todos os alumnos. Formará parte da avaliación continua global. É un requisito fundamental para aprobar a materia que o alumno obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 nesta proba. Ler atentamente "observacións avaliación" para coñecer o detalle dos criterios de avaliación para alumnos de matrícula a tempo completo (apartado A) e para alumnos de matrícula a tempo parcial (apartado B). |
25 |
Observacións avaliación | |||
CRITERIOS DE AVALIACIÓN A.- Alumnos con matrícula a tempo completo O peso das partes avaliables será o seguinte: asistencia ás sesións maxistrais (20%); saída de campo (5%); traballo tutelado (50%) e proba de resposta breve (25%). Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no traballo tutelado, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10. É dicir, tanto o traballo tutelado como a proba de resposta breve son de obrigada realización para o estudante. A proba de resposta breve comprenderá a "resolución de 10 cuestións". Oito (8) das cuestións a resolver sairán, por sorteo, dunha listaxe ampla de cuestións que se porá a disposición dos alumnos no seu debido momento, e que por tanto o alumno coñecerá de antemán para o seu estudo e resolución. As outras 2 cuestións a resolver serán seleccionadas polo alumno dun conxunto de 4 cuestións que será entregado polos profesores aos alumnos o día e hora da convocatoria do exame. En xeral, as cuestións poderán ter carácter teórico e/ou práctico. As de carácter teórico poderán ter forma de test e/ou desenvolvemento breve. Cada unha das 10 cuestións que finalmente conformen o exame terá o valor de 1 punto, e o alumno deberá obter un mínimo de 5 sobre 10 para superar a proba de resposta breve. A porcentaxe mínima esixido de asistencia ás sesións maxistrais é do 80 % das horas de clase. A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai de 0 puntos (cando se ten o 80% de asistencia) a 2.0 puntos (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (2.0; 100). B.- Para os alumnos con matrícula a tempo parcial Por normativa, os alumnos a tempo parcial están exentos da asistencia ás sesións maxistrais. Por tanto, a puntuación correspondente á asistencia (20%) distribúese entre o traballo tutelado e a proba de resposta breve, quedando así: Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no traballo tutelado, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10. É dicir, tanto o traballo tutelado como a proba de resposta breve son de obrigada realización para o estudante. Os estudantes a tempo parcial disporán de todos os materiais para o estudo na mesma plataforma Moodle. Así mesmo, para a atención personalizada teñen á súa diposición o correo electrónico institucional a través do cal se poden facer consultas e acordar tutorías cos profesores. |