Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Economía da Empresa: Función Financeira | Código | 650G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Na primeira oportunidade, a avaliación obtense a partir dun conxunto de tarefas de avaliación continua de carácter mixto e contido teórico-práctico, a realizar como parte da actividade ordinaria do grupo. Descartarase a actividade con peor cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións correspondentes. Os alumnos con dispensa de asistencia proporán durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre un programa persoalizado para as súas tarefas, que debe respecta-lo ritmo de traballo do grupo e garanti-la igualdade; de non o facer, acomodaranse ó programa xeral do grupo. |
100 |
Observacións avaliación | |||
Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, a avaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir, adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC, mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que no seu caso se realizasen ate o momento. Dispoñibilidade de recursos técnicos: se a situación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballo ordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico, incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsables de dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder a recursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico. Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ” Cualificación de non presentado: corresponde ós alumnos que participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán facelo na segunda se obteñen alomenos cinco puntos sumando o resultado dun exame final, valorado cun máximo de catro puntos, e a maior das seguintes: a cualificación da avaliación continua obtida ó longo do cuadrimestre, e a dun exame de recuperación valorado sobre un máximo de catro puntos. Por tanto, no caso da recuperación da avaliación continua, é posible acadar unha cualificación máxima de 8 puntos. Oportunidade adiantada: avaliarase a partir dun exame sobre 10 puntos. Uso de dispositivos: durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles, ordenadores, etc. a menos que estea xustificado pola actividade académica e, en calquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante as probas de avaliación estes dispositivos deberán estar apagados e fóra da vista, a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normas interpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven. |