1.
REQUISITOS PREVIOS. Esta materia é a
continuación da Estatística I de primeiro curso; por iso é recomendable que os
alumnos estean familiarizados cos conceptos que se imparten na mesma,
especialmente coas distribucións de probabilidade tanto discretas como
continuas, o manexo das táboas de probabilidade e o teorema central do límite. 2. ADAPTACION DA DOCENCIA
PRESENCIAL A SEMIPRESENCIAL. Se a Facultade de Economía e Empresa determina que a
docencia pase a impartirse de maneira semipresencial, seguiranse as instrucións
ditadas polo decanato da devandita facultade e as clases que así se
establezan pasarán a impartirse por
videoconferencia a través de Teams no horario que corresponda. Tanto o resto da
actividade docente como os criterios de avaliación serán os mesmos que na
modalidade presencial, polo que será válido todo o exposto nesta guía docente. 3.
INFORMACION DO CURSO.Toda a información do
curso atoparase no Moodle xeral da materia e/ou nos dos grupos específicos
creados para as diferentes titulacións e/ou grupos. A
principios de curso porase a disposición do alumnado unha guía complementaria e
aclaratoria para cada un dos grupos e/ou titulacións. Entre outras cuestións,
na guía explicaranse con máis detalle as actividades do obradoiro e os
traballos tutelados e establecerase a cronoloxía de entrega dos boletíns de
exercicios, das probas de avaliación de conceptos teóricos - prácticos e do
traballo de curso. |