Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | ANATOMÍA II | Código | 651G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase que desenvolve os contidos teóricos dunha unidade temática. É unha clase participativa, favorecendo o intercambio de opinións e o debate. |
Prácticas de laboratorio | Clases que desenvolven a un tempo contidos teóricos e prácticos dunha unidade temática. Ademais dos recursos da sesión maxistral (encerado, vídeo-proxección, etc.), empréganse como apoio á docenca as maquetas e os ósos da osteoteca do laboratorio de Anatomía Humana. A docencia impártese a grupos reducidos, de modo que favorece a participación do alumnado mediante o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas, permitindo así a atención personalizada. Avaliación continua: valorarase a actitude, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas formulados polo profesorado. |
Traballos tutelados | Avaliación continua. O alumnado deberá facer un traballo sobre un tema que estea relacionado co contido do programa. Este traballo realizarase en grupo (mínimo, 2 estudantes; máximo, 4 estudantes). |
Presentación oral | Avaliación continua. O alumnado deberá expoñer e defender o traballo tutelado diante do profesorado e resto do alumnado, respondendo a calquera dubida formulada tanto por calquera deles/as. |
Obradoiro | Avaliación continua. Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas, identificar detalles anatómicos en debuxos esquemáticos, recoñecer mediante anatomía de superficie determinadas estruturas anatómicas, etc.). |
Proba mixta | Avaliación continua. Exames tipo test e preguntas de resposta breve para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada. |
Proba obxectiva | Consiste nunha PROBA ESCRITA, que consta de dúas partes: 1. Preguntas curtas (entre 10 e 25), que requiren unha resposta breve, en xeral dunha extensión máxima de media páxina. Consisten en preguntas de desenvolvemento textual e láminas anatómicas para completar ou identificar elementos. 2. Exame tipo test de 48 preguntas, cada unha con catro opcións e unha única resposta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta, mais descártase para o aprobado o 25% das repostas correctas. No caso do alumnado que conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos, poderase substituír a Proba Escrita por unha PROBA ORAL, que consistirá en preguntas de resposta breve. |