Ciencias da Saúde Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Martinez Rodriguez, Alicia
Correo electrónico
alicia.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Rodriguez, Alicia
Saleta Canosa, Jesus Luis
Correo electrónico
alicia.martinez@udc.es
jesus.luis.saleta.canosa@udc.es
Web
Descrición xeral
Con esta materia abórdanse contidos de saúde comuntaria e saúde pública,desde a perspectiva da Fisioterapia e do sistema sanitario español, a partir de ferramentas fundamentais como a promoción da saúde, prevención e educación da saúde, programación, traballo en equipo e epidemioloxía.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, obradoiro, aprendizaxe colaborativa, proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Manteranse todas as metodoloxías pero realizaranse vía online
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A demanda do alumnado en formato escrito vía correo electrónico para a aclaración de dúbidas; ou vía moodle a través dos foros ou de consulta directa, fundamentalmente para aclaración de dúbidas ou resolución de tarefas escritas.
Para reunións virtuais, se usará TEAMS previa solicitude.
Os/as docentes establecerán reunións telemáticas co alumnado de forma grupal para o desenvolvemento das distintas actividades, fundamentalmente, das clases expositivas e obradoiros, ou ben aportar as clases explicadas.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación non sufrirá modificación en cuanto á metodoloxía e criterios, so que se poderán facer virtualmente.
*Observacións de avaliación:
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a. Asistir e participar regularmente nas actividades dos obradoiros (só se poderá faltar a unha clase).
b. Obter unha puntuación mínima do 40% en cada unha das probas obxecto de avaliación
(fisioterapia comunitaria e saúde pública).
c. Realizar, entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha, os contidos necesarios para a superación da materia se poderán extraer das diapositivas, exposicións ou documentos suministrados polo profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías