Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...). |
A2 |
Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica. |
A3 |
Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa. |
A4 |
Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural. |
A7 |
Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC. |
A17 |
Coñecer os fundamentos científicos das áreas que conforman o currículo da educación infantil, así como as teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
A18 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
A19 |
Adquirir coñecementos didácticos relacionados coas distintas áreas co fin de crear un marco teórico que permita reflexionar sobre a práctica docente para mellorala. |
A43 |
Utilizar a observación sistemática como principal instrumento de avaliación global, formativa e continua das capacidades do alumnado. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |