Nesta materia afóndase no significado da inclusión educativa coma un modo de resposta á diversidade que supera a perspectiva individual na búsqueda dunha resposta pedagóxica orientada á igualdade de oportunidades mediante a posta en práctica da xustiza curricular.
Analízanse os modelos teóricos que sustentan as prácticas psicopedagóxicas tradicionais e contrapóñense co modelo social da discapacidade, que analiza os condicionantes políticos, sociais e educativos que fundamentan as diversas interpretacións da acción psicopedagóxica.
Traballaránse en conseucencia as estratexiias propias dunha práctica psicopedagóxica inclusiva e a sua repercusión nos diversos ámbitos de intervención.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
O seminario pasa a ser virtual, apoiado no uso de Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: responderáse en horario de titorías
Moodle da materia: subiranse semanalmente os materiais precisos para o desenvolvemento da materia.
Teams: Desenvolverase unha sesión semanal dentro do horario reservado para a materia
4. Modificacións na avaliación
Non hai
*Observacións de avaliación:
A porcentaxe da avaliación outorgada á participación no seminario, pode outorgárselle á proba de ensaio, en función de tempo no que se poida impartir a docencia presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Manténse a aprobada na Guía ordinaria
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías