Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral
O diagnóstico no campo da Psicopedagoxía esixe dunha capacitación profesional relativa ao coñecemento e recoñecemento acerca das estratexias, técnicas e recursos máis adecuados para previr, detectar e avaliar as necesidades específicas que poidan presentar os/as escolares, e empregalas para a recollida de información que resulte nun informe de diagnóstico psicopedagóxico. Os/as profesionais da Psicopedagoxía deben dispor dunha base de coñecementos de utilidade para a toma de decisión relativas á selección e/ou diseño das ferramentas para acadar os seus obxectivos de indagación.
Por isto, esta materia está contemplada para coñecer estratexias e procedementos que capaciten ao alumnado para deseñar probas diagnósticas e protocolos de avaliación nas dificultades de aprendizaxe e atención á diversidade, así como a interpretación dos diferentes resultados obtidos nas valoracións realizadas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: actividades iniciais, sesión maxistral, estudo de casos, discusión dirixida, análise de fontes documentais, proba obxectiva.
*Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) ou de calquera outra que a Universidade poña a disposición da comunidade universitaria, só no horario de clase e titorías. Non se atenderán dúbidas fóra de este horario (salvo excepcións).
- Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado no horario de titorías. Non se atenderán correos que sexan enviados fóra deste horario.
- Foro Moodle: habilitarase un espazo no Moodle para as dúbidas "xerais" e de cada un dos contidos da materia.
4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar nas datas previstas todas as actividades axendadas ao inicio do curso.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías