Análise de fontes documentais |
Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais. |
Obradoiro |
Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora.
|
Saídas de campo |
Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato.
Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. |