Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A15 |
E15: Utilizar e analizar ferramentas e instrumentos dixitais para facilitar a comunicación e a xestión nos centros. |
A16 |
E16: Analizar criticamente o papel das tecnoloxías dixitais na innovación educativa. |
A25 |
E25: Coñecer distintos tipos de metodoloxías que se empregan na investigación educativa, considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos. |
A26 |
E26: Recoñecer a investigación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social. |
A36 |
E36: Establecer un compromiso ético deontológico a través dunha vinculación consecuente cos valores éticos da institución e institucionais e xestionar o centro de acordo cos principios éticos coherentes cun sistema democrático. |
A37 |
E37: Coñecer as políticas, os modelos e as prácticas igualitarias de calidad e innovación educativa, para poder implementalas e promovelas nas institucións educativas. |
A38 |
E38: Analizar e interpretar desde técnicas multinivel os caracteres máis relevantes dos sistemas educativos, desde un contexto transnacional global que permita comparacións complexas no ámbito da dirección e supervisión educativa. |
A40 |
E40: Deseñar un proxecto de dirección/investigación nas liñas temáticas establecidas nas diferentes materias do mestrado. |
B1 |
CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, en moitas ocasións nun contexto de investigación. |
B2 |
CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
CB10: Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
G1: Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións. |
B7 |
G2: Facilitar a mediación, xestión e resolución de conflitos, fomentando a non violencia, a prevención da conflictividade e a convivencia. |
B13 |
G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas. |
B16 |
G11: Integrar coñecementos e perspectivas para exercer a función directiva de maneira informada, xusta, crítica, comprometida, democrática, distribuída e solidaria. |
B17 |
G12: Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas. |
B18 |
G13: Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación. |
B19 |
G14: Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos. |
C1 |
T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
T3: Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercizo da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
T4: Desenvolverse para o exercizo dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero. |
C7 |
T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |