Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o análise dos mesmos (todo por medio de moodle)
Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico (se a aula non é presencial esta metodoloxía seguirase en moodle e por teams)
|
Solución de problemas |
Trátase de resolver diferentes problemas que se expoñan en relación cos contidos da materia, tanto desde o punto de vista máis teórico como práctico. Levarase a cabo na aula presencialmente ou virtualmente (grupos teams) e baixo a supervisión da profesora. Desta forma leva a cabo unha avaliación continua para comprobar se se entende o explicado en clase e sábese aplicar a diferentes situacións. |
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases tanto presenciais como virtuais (nestas últimas a través da aplicación moodle). As preguntas poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. |