Proxectos de innovación e investigación educativa en ciencias experimentais
Código
652601E1I1
Titulación
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
2
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Web
Descrición xeral
Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a investigación en Didáctica das Ciencias e a formación do profesorado na innovación didáctica.
Trátase de coñecer aqueles proxectos de innovación que achegan novas metodoloxías e recursos para o proceso de ensino e aprendizaxe das Ciencias. Ademais, os instrumentos derivados da investigación didáctica serán o fío condutor para a realización dun autodiagnóstico por parte do futuro profesorado e dun proceso de análise e evolución dos seus coñecementos en Didáctica das Ciencias. Traballarase sobre o papel que debe xogar a educación secundaria no desenvolvemento da competencia científica, na comprensión da natureza da ciencia e na xeración de actitudes positivas cara a ela.
Finalmente pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á Ciencia, tanto a nivel persoal como comunitario, para así consolidar e comprender a utilidade da base científica e didáctica.
O obxectivo é mellorar o enfoque, a toma de decisións sobre temas relativos aos modelos de ensino-aprendizaxe, á selección e secuenciación de contidos e actividades, a través da análise dos materiais procedentes dos proxectos innovadores.
Plan de continxencia
1.Modificacións nos contidos
Non hai modificación.
2. Metodoloxías
• Metodoloxías que se manteñen
Investigación Proceso de ensino orientado á aprendizaxe do estudantado empregando actividades de carácter práctico que plantean situacións-problema, que deben resolver empregando prácticas científicas: identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, enunciar hipóteses, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados, argumentar (uso de datos) e/ou sacar as conclusións do traballo realizado.
Análise de fontes documentais Uso de bibliografía relevante para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise da documentación.
• Metodoloxías docentes que se modifican
Modifícanse as seguintes metodoloxías:
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados colectiva ou individualmente e presentados a través da plataforma Teams.
Elimínase a seguinte metodoloxía:
Proba de ensaio Análise individual dunha situación, problema, proposta...relacionada cunha investigación sobre ensino das ciencias.
3.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
TEAMS, MOODLE, EMAIL , QUICKMAIL Calquera desas ferramentas adaptándoas ás necesidades de orientación do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Para a avaliación na 1ª e 2ª oportunidade:
Proxecto de investigación didáctica 50% Valoraranse as habilidades asociadas ao desenvolvemento da metodoloxía didáctico científica: identificación de problemas de aula, revisión bibliográfica, deseño procedimental, análise e interpretación de resultados, uso de datos para argumentación e emisión de conclusións. O proxecto entregarase a través da tarefa correspondente no Moodle.
A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada.
Proba de ensaio 50% Valorarase a adquisición de coñecementos e destrezas derivadas da impartición do curso e, especialmente, a capacidade analítica e interpretativa do alumnado.
A proba realizarase e entregarase a través da tarefa correspondente no Moodle.
A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada.
Observacións de avaliación:
NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:
- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica concedida que lles exime da asistencia á clase:
1. Deberán poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2. Serán avaliados a través dun proxecto de investigación didáctica e dunha proba de ensaio. A súa nota final será a media das cualificaciones obtidas, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías