Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental. *Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen
requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de
colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e
sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados
complementarmente, en caso de se estimar oportuno. |