5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral
A orientación profesional forma parte das funcións do profesorado da especialidade de FOL. A ausencia de formación neste campo na case totalidade do alumnado que accede ó itinerario de FOL explica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias que lle permitan comprender o alcance e importancia da orientación profesional, planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Virtualízanse a través de Teams (vídeo-gravacións das sesións maxistrais e/o sesións síncronas, presentacións orais do traballo tutelado e aprendizaxe colaborativa).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Correo electrónico: para solicitar titorías en Teams (diariamente).
Teams, para as titorías grupais obrigatorias e para as individuais a demanda (nos horario de titorias e no da materia). A finalidade das titorías obrigatorias é a supervisión e seguimento do traballo tutelado grupal.
- En Moodle van dispo der dous foros. Un foro temático, asociado aos contidos da materia para resolver dúbidas e para desenvolver discusións dirixidas. O segundo foro céntrase nas dificultades e pautas para resolver os sub-retos do traballo tutelado. Diariamente.
4. Modificacións na avaliación
Sen cambios
*Observacións de avaliación:
A presentación oral sería en Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica a biliografía básica está dixitalizada en moodle ou é accesible na rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías