Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral | Código | 652606621 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade: a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia. b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida. |
Sesión maxistral | A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado. |
Análise de fontes documentais | A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal. |
Presentación oral | Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos e na presentación presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo. |
Traballos tutelados | O traballo tutelado presenta as características e elementos da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado. |
Traballos tutelados | Consistirá en tres traballos individuais: - Lectura e comentario sobre o Libro Mal de Escola de Daniel Pennac - Elaboración dun catálogo de recursos cinematográficos para empregar como recurso didactico en FOL e EIE - Deseño de dúas actividades de aula con dous dos recursos escollidos da selección realizada. |
Solución de problemas | Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos dos módulos da especialidade. |