7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
mar.rromero@udc.es
Profesorado
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
mar.rromero@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia persigue que os estudantes interioricen a innovación educativa como unha actitude profesional imprescindible para responder as exigencias formativas ante o reto da crise ecosocial e da pandemia e apliquen a “sustancia espiritual” das tecnoloxías dixitais a ensinanza para minimizar a fenda de participación. Asemade busca facer efectiva a coordinación entre materias para asegurar que pode producirse unha integración de aprendizaxes do módulo xenérico o módulo específico, o Practicum e o Traballo de Fin de Mestrado.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non procede
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Actividades iniciais
– Análise de fontes documentais
– Aprendizaxe colaborativa
– Presentación oral
– Traballos tutelados (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Aprendizaxe colaborativa (Teams)
– Presentación oral (Teams)
– Traballos tutelados(computa na avaliación) (Teams)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver o “Aprendizaxe colaborativo”, a través das que se pon en práctica contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade as primeiras clases da materia.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 8 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” durante o resto das clases. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): Valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
A profundidade do contido.
O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100% traballo tutelado).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (30% presentación oral e 70% traballo tutelado).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer as actividades de avaliación na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías