Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Educación inclusiva e multicultural | Código | 652G01011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
O alumnado: -situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda; e por outra banda, tratará o peche cultural que supón o racismo, o etnocentrismo, a dominación lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. | A1 A13 |
B3 B17 B20 |
C6 C8 |
-familiarizarase coas diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural e cos aspectos destes campos de investigación máis relevantes para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. | A8 A28 |
B11 |
|
-comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpus de coñecementos inacabados, mutables e continuamente negociados, e non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexible e crítico. | A19 A26 |
B16 |
|
- apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados coa empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, e a participación igualitaria e democrática na vida pública do centro. | A14 A21 A32 |
C4 |
|
- comprenderá, analizará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais; a organización democrática da aula e do centro; a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, e a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. | A12 |
B24 |
|
- iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. | A5 A9 |
B5 |