Sesión maxistral |
A través das sesións expositivas, as profesoras explicarán os diferentes temas e conceptos incluidos neles para a súa mellor comprensión (vídeos, presentacións autoexplicativas,...). |
Lecturas |
Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos. |
Proba de ensaio |
Proba asíncrona na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Proba obxectiva |
Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas escritas (de maneira virtual) para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación. |
Aprendizaxe colaborativa |
Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |