Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Pedagoxía da expresión musical | Código | 652G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do cándo, qué e cómo facer as cousas. Basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba mixta | Esta proba realizaráse en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do/a docente), de entre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e medirán (solfexo), cantaránse a capella e interpretaránse con frauta. |
Obradoiro | Momentos de traballo presencial có profesor/a, polo que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverán se indicará en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia. En xeral consistirá na interpretación de diferentes partituras de Conxunto Instrumental baixo a dirección do profesor/a. Será necesario obter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para superar este apartado. Implica a obligatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado. Dado que se trata dunha práctica grupal, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Plantearáse un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profeso/ar guiarán ao discente no proceso de realización. Para elo plantearánse lecturas obrigatorias e recomendadas. |
Sesión maxistral | Nas sesións magistrais traballaránse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada có uso de presentacións, actividades dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizaráse unha exposición xeral introductoria de cada un dos distintos temas do programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar có seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Prácticas a través de TIC | Emprego de recursos informáticos tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a investigación, onde se deberá facer unha análise estadística dos resultados. As Tic tamén se poden empregar como recurso complementario para a práctica do dictado musical. |
Lecturas | Conxunto de textos e documentación escrita que van recollendo e editando como fonte de profundización nos contidos traballados. |