Organización e xestión de institucións socioeducativas
Código
652G03012
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Álvarez Seoane, Carmen Denébola
Correo electrónico
denebola.alvarez.seoane@udc.es
Profesorado
Álvarez Seoane, Carmen Denébola
Correo electrónico
denebola.alvarez.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral
Materia coa que se pretende que se coñeza o funcionamento das institucións nas que poderán desenvolver o seu traballo, fundamentalmente as de carácter educativo regulado, coas que terán que relacionarse na súa intervención profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos permanecerían sen modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Actividades iniciais, análise de fontes documentais, discusión dirixida, presentación oral e estudo de casos.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A proba de ensaio en función da elección do alumnado, podería ser eliminada, pasando a pesar o dobre os restantes elementos da cualificación; ou podería ser sustituida por unha proba de resposta múltiple, que tería un valor do 50% da cualificación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías levaranse a cabo por TEAMS ou o alumnado poderá recibir orientación por correo electrónico en función das súas preferencias. No primeiro caso, a atención realizarase no horario de titorías e o alumnado o solicitará previamente mediante correo electrónico, , co fin de favorecer unha axeitada organización e non solaparse con outros compañeiros e compañeiras.
4. Modificacións na avaliación
A proba de ensaio poderá ser eliminada en favor dos outros elementos de avaliación que pesarán o dobre da cualificación, constituíndose como o 100% da materia. Aqueles estudantes que o prefiran poderán realizar na data oficial unha proba de resposta múltiple en lugar da proba de ensaio, que pasará a pesar o 50% da cualificación. No caso do alumnado con dispensa será obrigatorio realizar esta proba, xunto cunha tarefa adicional, que será guiada pola profesora da materia.
*Observacións de avaliación:
o alumnado cubrirá un cuestionario de carácter obrigatorio no que manifestará a súa elección entre a realización da proba de resposta múltiple ou outorgarlle o dobre de peso na cualificación aos restantes elementos de avaliación, que non poderá ser modificada unha vez transcurrido o prazo establecido. A proba de resposta múltiple no caso de ser realizada terá lugar na data recollida no calendario oficial de exames. De gozar de dispensa académica será obrigatorio para a avaliación a realización da proba de resposta múltiple, que terá como valor ponderado na cualificación o 40% e a entrega de tarefa adicional que terá un valor do 60% da cualificación, cuxas indicacións estarán dispoñibles en moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías