Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida: a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais. b) Nas aulas interactivas,traballo grupal de posta en común e de aplicación ao programa de acción socio-educativa (PAS). Se se suspende a docencia presencial esta actividade faríase en Teams. |
Presentación oral | Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación (PAS). Esta actividade realizarase en Teams. |
Simulación | É unha proposta interdisciplinar na que participa a materia de Acción socio-educativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O PAS é unha actividade grupal. Cada grupo vai traballar con un colectivo en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. |
Prácticas a través de TIC | Consiste na construción en grupo dun marcador social. |
Seminario | Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" A súa finalidade e triple: - Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo. - Achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos. - Aportar información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...) Realízase en Teams. |
Discusión dirixida | Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa é, xunto coa ABP e a clase invertida, un dos eixos metodolóxicos da materia que está presente no resto das "metodoloxías" descritas. |
Prácticas a través de TIC | Elaboración dun mapa conceptual dixital da materia. |
Sesión maxistral | O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP. As sesións maxistrais van ser síncronas en Teams e asíncronas coa utilización de video-gravacións. |