Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de recollida e análise da información | Código | 652G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase impartidas polas profesoras, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo. As clases expositivas, durante este curso académico 2020-2021, non serán presenciais, debido o número de estudantes matriculados na materia. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Moodle (as clases expositivas serán de 9 a 10:30) o material en Power Point con la grabación de su voz (a través de Moodle y Stream) para el seguimiento de la exposición. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras. |
Prácticas a través de TIC | Esta metodoloxía empregarase para dous tipos de actividades: a) Realización de probas online de cada contido teórico abordado nas sesións expositivas. Levarase a cabo un test ao final de cada sesión interactiva, onde o alumnado poderá poñer a proba as aprendizaxes adquiridas nas sesións teóricas e aplicadas nas sesións interactivas. Estas probas formarán parte da avaliación final da materia. b) Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o deseño do instrumento como recollida e análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Estudo de casos | Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 1 e 2 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un caso práctico por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do caso. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro) único que denominará “Técnicas de Recollida da Información”, e que será entregado na data estipulada polas docentes. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Solución de problemas | Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas y terá que incorporalas todas xuntas nun documento único (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro), que denominará “Técnicas de Análise da Información” que será entregado na data estipulada polas docentes. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Análise de fontes documentais | Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Obradoiro | Esta metodoloxía está destinada unicamente aos contidos da materia do tema 2 e o tema 3. Coa mesma, inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como, por exemplo, estudo de casos e solucións de problemas, prácticas a través de TIC, etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique ditos temas. As profesoras presentaran ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará fichas guiadas (practicas guiadas) para que o/a alumno/a as leve a cabo. PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. Para a entrega desta metodoloxía as profesoras planificarán unha data de entrega en moodle Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Aprendizaxe colaborativa | Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL (ou virtual, a través da plataforma TEAMS) e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5-6 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Proba mixta | Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes: a) Parte técnicas: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas. Serán os temas 1 e 2 dos contidos da guía docente. b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia. As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias. |