Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de recollida e análise da información | Código | 652G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A19 B2 C1 | Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3. O/a profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o/a profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información” (que será a metodoloxía Obradoiro). O/a profesor/a antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria |
20 |
Prácticas a través de TIC | A6 C3 | Esta metodoloxía será empregada unicamente para avaliar os progresos do alumnado na comprensión dos contidos teóricos da materia (clases expositivas). Realizaranse breves tests de coñecemento (do desenvolvido durante a sesión expositiva e interactiva correspondentes). Empregaranse os 30 últimos minutos das clases interactivas (o estudantado deberá conectarse por moodle para realizar estas avaliacións). IMPRESCINDIBLE QUE CADA ESTUDANTE TRAIGA NAS CLASES INTERACTIVAS O SEU ORDENADOR E TODO O MATERIAL QUE PRECISE PARA REALIZAR ESAS PRÁCTICAS. |
20 |
Proba mixta | A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 | O exame da convocatorias de xaneiro ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes: 1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende). 2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí. NOTA ACLARATORIA: Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS. A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN. O BAREMO QUE SE SIGUE EN CADA UNHA DAS PARTES, A TER EN CONTA: a) 10 PUNTOS A 13 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12-13 puntos equivale a un seis. b) 14 PUNTOS A 17 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 14 e 15 puntos equivale a un sete; 16-17 puntos equivale a un oito. c) 18 PUNTOS A 20 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 18 e 19 puntos equivale a un nove; 20 puntos equivale a un 10 |
40 |
Estudo de casos | A6 A13 A21 C1 | Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2. O profesorado presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información” (denominado metodoloxía Obradoiro). O profesor/a antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria |
20 |
Observacións avaliación | |||
Na a) A Nota Estes A b)ESTUDANTES Neste |