CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
Créditos e presencialidade
Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas)
Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.
Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación.
Contextualización
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais).
O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta no exercicio profesional, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sin modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sin modificacións
Se non se puideran completar as horas de estadía no centro, estudarase a situación e seguiranse as indicacións que aparecen no punto terceiro proposto na RESOLUCIÓN REITORAL DO 23 DE MARZO DE 2020 MEDIANTE A QUE SE ADAPTA O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO PARA AS PRÁCTICAS CURRICULARES E EXTRACURRICULARES DO ALUMNADO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ÁS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PREVISTAS PARA ACOMODAR AS ACTIVIDADES ACADÉMICAS Á SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE DOCENTE PRESENCIAL, así como as RECOMENDACIÓNS DA CONFERENCIA DE DECANOS/AS DE EDUCACIÓN RESPECTO AS PRÁCTICAS EXTERNAS DO ALUMNADO. A proposta de alternativas farase desde o Vicedecanato de Practicum, contando co acordo do profesorado titor de centro e da facultade así como do alumnado. A proposta presentarase fronte á Comisión de Título para o visto e prace da mesma.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sin cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase a través do correo electrónico, Moodle e Teams
4. Modificacións na avaliación
Sin modificacións
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sin modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías