CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 30 créditos ECTS da materia (750 horas), 370 son de carácter presencial e 380 horas de carácter non-presencial ou de traballo autónomo.
Das 370 horas de carácter presencial, 350 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma titorías na Facultade.
O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).
O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sin modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sin modificacións
Se non se puideran completar as horas de estadía no centro, estudarase a situación e seguiranse as indicacións que aparecen no punto terceiro proposto na RESOLUCIÓN REITORAL DO 23 DE MARZO DE 2020 MEDIANTE A QUE SE ADAPTA O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO PARA AS PRÁCTICAS CURRICULARES E EXTRACURRICULARES DO ALUMNADO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ÁS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PREVISTAS PARA ACOMODAR AS ACTIVIDADES ACADÉMICAS Á SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE DOCENTE PRESENCIAL, así como as RECOMENDACIÓNS DA CONFERENCIA DE DECANOS/AS DE EDUCACIÓN RESPECTO AS PRÁCTICAS EXTERNAS DO ALUMNADO. A proposta de alternativas farase desde o Vicedecanato de Practicum, contando co acordo do profesorado titor de centro e da facultade así como do alumnado. A proposta presentarase fronte á Comisión de Título para o visto e prace da mesma.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sin modificacións
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase a través do correo electrónico, Moodle e Teams
4. Modificacións na avaliación
Sin modificacións
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sin modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías