Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Administración local e acción cultural e educativa Código 652G03040
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/Hector
Descrición xeral Un dos principais ámbitos de intervención profesional do/a educador/a social reside na Administración Local e as súas políticas activas. Coñecer os trazos definitorios (legais, competenciais, arbitrarios...) de dito contexto político-xeográfico é labor desta materia. Polo tanto, abordaremos aspectos tanto teóricos como prácticos que melloren a formación do alumnado interesado en achegarse ao labor dos municipios como axencias educativas e culturais. Desde un enfoque preponderantemente práctico e pre-profesional, coñeceremos programas de aquelas adminsitracións máis proactivas e tamén de outos axentes locales.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos en caso de cambiar as circunstancias docentes para todos/as, estarán a disposición do alumnado os powerpoints grabados en moodle. Os contidos serán os mesmos agás as actividades específicas (saídas, visitas, charla) que o profesor planifique. 2. Metodoloxías Manteñense todas agás aquelas que esixan presencialidade. Se así for, actividades tipo libroforum, saída, etc, cambiarían de formato a dixital ou non se realizarían. *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as que a presencialidade non impida. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha e se é o caso, consensuaranse co alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teléfono, moodle, skype, correo electrónico e teams 4. Modificacións na avaliación Ningunha, pois todas as previstas poden non ser presenciais. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha, pois todas as referencias biblioográficas están ao alcance on line
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías