Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Alteracións de base evolutiva | Código | 652G04012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A6 A7 B2 B4 B6 B7 B20 B21 B23 | Valorarase a análise dun problema concreto para chegar a unha decisión tomada mediante discusión.. O estudante sitúase ante un caso que lle describe unha situación real da vida profesional e deberá ser capaz de analizar unha serie de feitos referentes ao ámbito da linguaxe debendo chegar a unha decisión razoada a través de discusión en pequeno grupo de traballo. |
20 |
Glosario | A6 B7 B13 | O estudante debe dominar a terminología referida ás alteracións de base evolutiva | 15 |
Presentación oral | A6 A7 B2 B7 B13 B17 C1 C3 | Valorarase o dominio e a claridade conceptual do tema, a corrección da linguaxe empregada e o emprego das novas tecnoloxías | 25 |
Proba de resposta múltiple | A2 A6 A7 B2 B7 | Realizarase un exame tipo test, con preguntas de entre 3 e 4 opcións de resposta das cales unha soa é a válida. Descuentan erros. | 40 |
Observacións avaliación | |||
ALUMNOS EN MODALIDADE ASISTENTE. Considérase alumnado asistente cando se acuda ao 80% das sesións expositivas e ao 80% das interactivas. A cualificación dos alumnos asistentes engloba os apartados seguintes: Estudos de casos, Glosario, Presentación oral e Proba de resposta múltiple. Para superar a asignatura a nota ha de ser 5, valorándose todos os apartados. As persoas que non conten co 80% de asistencia farán o exame estándar pero con 10 preguntas máis.Poderase optar a matrícula de honor a partir de 9,5, acreditando as razóns nun escrito dirixido á docente.
ALUMNOS NON ASISTENTES. Deberán poñerse en contacto coa docente responsable da materia ao iniciarse o curso e informando da súa circunstancia. Serán evaluados únicamente a través dun exame que consta de dous partes: a) tipo test para evaluar o contido teórico da materia e b) resolución dun caso dado para a parte práctica. O exame puntúa sobre 10. Considerarase aprobado de 5 en diante en cada unha das partes. ESTAS OBSERVACIÓNS SON VÁLIDAS TANTO PARA A CONVOCATORIA ORDINARIA COMO PARA A EXTRAORDINARIA DE XULLO. |