Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán mudanzas nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías. Unicamente será modificada a modalidade de impartición nas metodoloxías que impliquen presencialidade, a cal será substituída pola modalidade de impartición telemática, realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams ou ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, Moodle e Teams.
4. Modificacións na avaliación
Manteranse todas as metodoloxías presentes na avaliación con normalidade presencial adaptada. No caso da avaliación da "Sesión maxistral" e do “Obradoiro”, en que se computa a asistencia, a participación e a elaboración de prácticas presenciais por parte do alumnado, estas serán substituídas de modo telemático. No tocante á “Proba mixta”, esta realizarase tamén telematicamente, podendo ofrecerse tanto de maneira síncrona como asíncrona, cuxas características e datas serán comunicadas ao alumnado a través de Moodle con suficiente antelación.
*Observacións de avaliación:
Non haberá modificacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán mudanzas. Se for necesario, o alumnado disporá de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
|