Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xerontoloxía Social I Código 653491002
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Lorenzo López, Laura
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
ana.maseda@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivos: * Coñecemento do fenómeno sociodemográfico do envellecemento. * Comprender a ancianidade e o proceso de envellecemento dentro do contexto social global. * Entender o envellecemento poboacional. Procesos e factores. * Coñecer as metáforas da vellez e a súa imaxe social. * Distinguir entre vellez clínica e vellez social. Acordos e desacordos. * Valorar axeitadamente o fenómeno da xubilación e os recursos de preparación para esta. * Coñecer e comprender as relacións familiares e interxeracionais no ámbito da vellez. * Afondar nas etapas da vellez e o posible incremento das carencias cos seus procesos de adaptación. Illamento e soidade. * Entender o estado da cuestión do binomio dependencia/autonomía. * Afondar nas políticas sociais dirixidas ás persoas maiores. Diferentes modelos. * Coñecer os servizos sociais en Xerontoloxía. Servizos primarios e especializados. * Estudo da planificación social na Xerontoloxía e o estudo de necesidades e demandas. Coñecer os modelos de programación, xestión e avaliación. * Afondar no estudo dun lecer activo cun tratamento especial do turismo social. * Coñecer os procesos da saúde e a calidade de vida co desenvolvemento de hábitos saudables e programas preventivos. *Estudo da problemática social e familiar dos maiores dependentes. * Estudo da ética e lexislación no benestar social das persoas maiores. * Análise dos métodos e técnicas da ciencia sociolóxica para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre a vellez e a ancianidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Seminario - Proba obxectiva *Metodoloxías docentes que se modifican As clases maxistrais e os seminarios pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a resolución de dúbidas farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. - En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado. - En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías