Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos | Código | 653G01408 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A16 B21 B24 | Valorarase a asistencia ás tutorias e a presentación de actividades relacionadas con esta metodoloxía. Implica a gravación en vídeo dun role-playing sobre unha entrevista nunha situación difícil no que se representen de maneira práctica as estratexias comunicativas aprendidas e adestradas en clase. | 50 |
Simulación | B28 B27 B23 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B9 B7 B6 B5 B4 B2 C4 C6 C7 | Consiste na presentación de situacións concretas e centradas na realidade poñendo ao estudante ante unhas condicións hipotéticas a través das cales próbase o seu comportamento, os seus coñecementos e a súa capacidade de análise. Basándonos na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, co fin de utilizalas como experiencias de aprendizaxe e como procedemento para a avaliación. | 10 |
Proba mixta | B2 B3 B8 B9 B12 B13 B23 C1 | Proba que integra preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento a través da resolución dun caso practico, onde deben integrarse os coñecementos e habilidades adquiridas en cada unha das metodologias. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia. Módulo A. Atención ante situacións de urxencias. Unidade 1,2 e 3: PROBA ESCRITA que consta de dous partes: A primeira parte é unha proba con preguntas de resposta curta ou test (20% da nota). A segunda parte consiste na resolución dun caso práctico (20% da nota). SIMULACIÓN. Presentación de situacións concretas e centradas no Soporte Vital Básico poñendo ao estudante ante unhas condicións hipotéticas a través das cales avalíanse as competencias relacionadas con estos contidos (10% da nota). Módulo B. Habilidades de comunicación terapéuticas. Unidade 4,5 e 6: TRABALLO TUTELADO consistente na gravación en vídeo dun role-playing sobre unha entrevista nunha situación difícil no que se representen de maneira práctica as estratexias comunicativas aprendidas e adestradas en clase. (50% de ella nota) PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final. MATRÍCULA PARCIAL: Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade. MATRÍCULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra aqueles alumnos cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno. |