Obradoiro |
A18 B1 B2 B3 B8 B9 B14 C1 |
Valoración de lecturas críticas, comentarios, discusións guiadas, exposicións, traballo e participación activa e positiva, que os alumnos deben facer no tempo establecido (individualmente ou en grupo) e subirse a moodle no espazo previsto, seguindo as instrucións da profesora. Cada un dos exercicios terá unha valoración segundo os criterios establecidos pola profesora, que será comunicada aos alumnos. Se o alumno non chega ao 50% da nota correspondente a esta metodoloxía (2,5 puntos), terá que realizar na segunda oportunidade en xullo, aquelas prácticas que a profesora indique. |
50 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
·
Será imprescindible obter o 50% da cualificación
correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se somen as
diferentes metodoloxías a fin de obter a nota final. De non conseguir o mínimo
esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia.
· O alumno terá que alcanzar polo menos a puntuación
dun 4 sobre 10 en cada unha das probas obxectivas para que faga media co resto
das probas. A nota final da proba obxectiva realizarase sumando a nota de cada
unha das probas obxectivas e dividíndoa entre 5 (o número de temas da materia). Se o alumno non superase a puntuación de 4 nalgunha das probas obxectivas, terá que facer unha proba obxectiva final que abarcará contidos dos 5 temas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Se o alumno supera na primeira oportunidade algunha das
metodoloxías, manteráselle a nota desa/ s metodoloxía/ s e só terá que realizar
a/ s que non superase na segunda oportunidade.
CASOS ESPECÍFICOS:
·
Os alumnos que non poidan facer un normal
seguimento da materia, por ter recoñecida dispensa de docencia, deberán
poñerse en contacto coa profesora nos primeiros 15 días desde o comezo oficial
das clases para adaptar os períodos de entrega das distintas probas, enviando
un mail a maria.romani@udc.es. Aqueles alumnos que non se poñan en contacto no
prazo establecido, realizarán o seguimento da materia como o resto do alumnado.
·
As adaptacións curriculares para estudantes con
discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola
Comisión de Docencia do centro, previo informe do PAT.
|