Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde
Código
661G01004
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Primeiro
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Carrajo García, Lino
Correo electrónico
lino.carrajo@col.udc.es
Profesorado
Carrajo García, Lino
Raña Lama, Camilo Daniel
Correo electrónico
lino.carrajo@col.udc.es
camilo.raña.lama@col.udc.es
Web
Descrición xeral
As bases do programa son o ensino teórico enfocado a que o alumno adquira os conceptos imprescindibles que lle permitan comprender e manexar os sistemas informáticos dispoñibles actualmente no campo da Enfermaría e ser capaz de manexar aqueles que se poidan utilizar nun futuro. E o ensino práctico, como en toda inxeñería, é necesario ver e coñecer as ferramentas coa fin de ver tanto a aplicación dos conceptos teóricos como unha preparación adecuada para a realización das tarefas diarias asociadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Proba teórica.
- Atención personalizada.
* Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas na aula de informática.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 2 a 3 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán modificacións na evaliación. Mantéñense os criterios e porcentaxes de traballos tutelados e proba teórica.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías